Síntese do tratamento dos envases lixeiros
En Galicia existen tres modelos de xestión de residuos domésticos , dous deles non contan con recollida diferenciada de envases lixeiros (Nostián e Barbanza) xa que estes modelos inciden na recollida selectiva da materia orgánica fronte ós residuos de envases, onde estes aparecen mesturados con outros materiais inorgánicos (e incluso orgánicos) do lixo. Deste xeito os envases selecciónanse en destino mediante a súa extracción selectiva do resto de residuos presentes no colector "resto".
Na recollida diferenciada dos envases plásticos, metálicos e de cartón para bebidas (brik), é dicir os envases lixeiros, realizada no modelo SOGAMA utilízanse colectores de capacidade entre 800 e 1.000 litros tipo iglú ou de tapa pechada de cor amarelo, denominados colectores amarelos.
Estes colectores poden estar agrupados co resto dos colectores destinados á recollida selectiva ou atoparse illados co fin de acercarse ao máximo aos lugares de xeración ou consumo de envases lixeiros.
Existe un modelo complementario para a recollida destes envases que son os denominados colectores soterrados cuxa principal característica e que se atopan soterrados para mellorar o aspecto estético das vías urbanas, especialmente en paraxes históricas ou monumentais. Pode atopar máis información sobre este tipo de colectores premendo aqui.
Actualmente a totalidade dos municipios galegos, adheridos ao modelo SOGAMA, contan con colectores para a recollida selectiva dos envases lixeiros.
PROVINCIA |
Nº CONTENEDORES AÑO 2012 |
A CORUÑA |
10.665 |
LUGO |
4.164 |
OURENSE |
5.189 |
PONTEVEDRA |
9.437 |
TOTAL |
29.455 |
Debido ás características dos concellos de Galicia, a dotación de colectores é diferente en función do tipo de concello: zona urbana, zona semiurbana ou zona rural.
Que debe depositar o cidadán no colector amarelo:
Que NON se pode depositar no colector amarelo:
Unha vez que o cidadán deposita os residuos de envases lixeiros no colector amarelo ou no colector "resto", en función do sistema de recollida implantado, son transportados ata as plantas de selección ou, nalgúns casos debido ás grandes distancias existentes, ata as estacións de transferencia localizadas por toda a xeografía galega onde se almacenan en espera de acumular unha cantidade que permita o seu transporte ata a planta de selección, nun camión de gran capacidade.
Na planta de selección os envases lixeiros sepáranse polo menos nas seguintes fraccións, debendo cumprir coas especificacións técnicas dos materiais recuperados (ETMR) acordadas no Convenio Marco Xunta-Ecoembes:
· Metais: aceiro e aluminio
· Plásticos: PET, Polietileno de alta densidad e Plástico mezcla
· Mixtos: brik
Unha vez separados, cada fracción dirixise ao correspondente reciclador que se encargará de transformalo nunha nova materia prima coa que fabricar novos envases ou calquera outro produto no que se utilicen estes materiais. Das latas poden fabricarse novos obxectos metálicos como rodas de bicicleta, das botellas de plástico poden saír dende forros polares ata materiais de construción, dos cartóns para bebidas (brik) poden obterse bolsas ou sacos.
Para facilitar o transporte ás plantas de reciclado os materiais amoréanse nas plantas de reciclado creándose balas.
O material que non cumpre as condicións técnicas esixibles ou que polas súas características non pode ser destinado á reciclaxe en condicións ambientalmente viables, é valorizado enerxeticamente
ECOEMBES licita regularmente a venta dos materiais recuperados. Pode consultar as empresas adxudicatarias premendo aquí.