A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, que orixina un deterioro progresivo e acumulativo do contorno, tendo ademais en conta o impacto paisaxístico derivado da proliferación de puntos de abandono destes materiais.
A cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas.
A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, que orixina un deterioro progresivo e acumulativo do contorno, tendo ademais en conta o impacto paisaxístico derivado da proliferación de puntos de abandono destes materiais.
Ante esta problemática, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha o Programa de Recollida de Plástico Agrícola co obxecto de implantar un sistema de recollida dos plásticos agrícolas, tanto de silo coma de invernadoiro, e facilitarlle ós agricultores e gandeiros a súa xestión axeitada.
Os agricultores e gandeiros poderán depositar os seus plásticos agrícolas no lugar indicado por cada concello. Os residuos acumulados deben ser exclusivamente plásticos agrícolas e estes deben estar o máis limpos posibles e atados ou recollidos de tal xeito que faciliten a súa recollida. Unha vez que o punto de acopio teña unha acumulación de plásticos superior á metade da súa capacidade o concello porase en contacto coa empresa de recollida para que proceda a retiralos.
Os residuos plásticos lixeiros e non perigosos recollidos recíclanse mediante un proceso mecánico no que se obtén granza. A granza plástica obtida comercialízase para utilizala como materia prima na fabricación de novos produtos plásticos, como bolsas de lixo e tubo de polietileno.
TECNOLOGIA Y RECICLAJE DE MATERIALES SL (TYRMA) Teléfono: 690 886 557 TECNOLOGIA Y RECICLAJE DE MATERIALES SL (TYRMA) Teléfono: 981 504 121