Distribución e xestión dos residuos domésticos
En Galicia conviven hoxe en día os seguintes modelos de xestión de residuos domésticos:
| Entidade Xestora | Modelo de xestión | Situación da planta de tratamento | Concellos adheridos | Poboación incorporada | 
| 2012 | 2012 | |||
| Sociedade Galega de Medio Ambiente | Recollida diferenciada da fracción Resto e dos envases. Recollida selectiva de papel e vidro. Non separación da fracción orgánica. | CERCEDA | 297 | 2.298.017 | 
| 94,3% | 82,6% | |||
| Concello da Coruña e Consorcio das Mariñas | Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Recollida selectiva de papel e vidro. | NOSTIÁN | 9 | 396.668 | 
| 2,9% | 14,3% | |||
| Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza | Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Recollida selectiva de papel e vidro. | LOUSAME | 9 | 86.813 | 
| 2,9% | 3,1% | |||
| TOTAL | 315 | 2.781.498 | ||
A diferenza básica entre eles radica na distinta separación en orixe realizada aos residuos domésticos, o cal determinará o tratamento posterior a realizar a eses residuos.
Coñeza cal é o modelo de xestión do seu concello buscándoo no mapa e consulte a información detallada dese modelo de xestión na pestana correspondente.

O sistema de recollida dos residuos domésticos compleméntase cunha rede de Puntos limpos distribuída ao longo de todo o territorio galego para facilitar a labor de reciclaxe de todos os cidadáns. Consulte o punto limpo máis próximo ao seu fogar premendo aquí.
Dentro das competencias das Entidades Locais atópase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma que se estableza nas respectivas ordenanzas.
A Federación Española de Municipios e Provincias, en colaboración con Ecoembes, ven de publicar unha Ordenanza tipo e un Prego de prescricións técnicas sobre a xestión de residuos de competencia local para que sirvan de modelo e guía ás entidades locais á hora de adaptar as súas ordenanzas ou no momento de adxudicar novos contratos de xestión destes residuos.