Consideración dun residuo como subproduto
Coa publicación da Directiva 2008/98/CE se regula por primeira vez o concepto de SUBPRODUTO como substancia ou obxecto, resultante dun proceso de produción, cuxa finalidade primaria non sexa a produción desa substancia ou obxecto, que cumpra as seguintes condicións:
- é seguro que a substancia ou obxecto vai ser utilizado ulteriormente;
- a substancia ou obxecto pode utilizarse directamente sen ter que someterse a unha transformación ulterior distinta da práctica industrial normal;
- a substancia ou obxecto prodúcese como parte integrante dun proceso de produción; e
- o uso ulterior é legal, é dicir a substancia ou obxecto cumpre todos os requisitos pertinentes para a aplicación específica relativos aos produtos e á protección do medio e da saúde, e non producirá impactos xerais adversos para o medio ou a saúde humana.
Este concepto da Directiva foi trasposto ao noso ordenamento xurídico a través do artigo 4 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.
Documentación a presentar
Para poder entregar os materiais como subprodutos, e de conformidade co criterio establecido no grupo de traballo de subprodutos da Comisión de coordinación en materia de residuos en data do 12 de decembro de 2012, deberá vostede presentar documentación que acredite o establecido na citada lei e obter un pronunciamento da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de que os materiais en cuestión son considerados materias primas secundarias (subprodutos) en lugar de residuos.
A documentación que debe presentar será:
- Identificación do solicitante (Nome da empresa; CIF/NIF; Domicilio social; Domicilio a efectos de notificación).
- Información relativa ao proceso que xera a substancia ou obxecto para o que se presenta a solicitude, indicando as toneladas/ano que se producen.
- Composición e características físico-químicas, biolóxicas e toxicolóxicas do subproduto que fagan referencia ao último ano.
- Características do proceso onde se vai empregar o material ou obxecto, indicando o modo, cantidade, lugar, etc., de incorporación do material ao devandito proceso.
- Documentación que acredite/demostre que é seguro que se vai utilizar.
- Comparación coas características do produto ao que se pretende substituír.
- Calquera outra documentación que sexa necesaria para xustificar o cumprimento das condicións de subproduto.
Debe terse en conta que, mentres os materiais incluídos na declaración presentada non teñan recoñecida a condición de subprodutos, estes materiais terán a consideración de residuos, e polo tanto deben ser entregados a xestores de residuos autorizados.
Control dos subprodutos
As empresas que xeran un material considerado subproduto deben:
- Nos anos seguintes presentará unha declaración anual conforme ao modelo establecido, excepto cando a empresa xeradora sexa xestor de residuos e teña que presentar a memoria anual de residuos, en cuxo caso incluirá na mesma memoria os datos referentes ó subproduto.
As empresas que utilizan o material como subproduto deben:
- Nos anos seguintes presentará unha declaración anual conforme ao modelo establecido.
- Cando o caso así o requira, o órgano competente poderá esixir a presentación da analítica dunha mostra representativa do subproduto utilizado. Esta análise deberá de ser realizada por un organismo de control autorizado no campo de residuos e inscrito na comunidade autónoma competente.
Pode visualizar as instrucións relativas á declaración anual de subprodutos – materias primas secundarias e descargar o modelo aquí.