Que é un colector soterrado?

Tras un pormenorizado estudio sobre a problemática existente debido á frecuente presencia de colectores de residuos (vidro, papel, orgánicos, briks, latas e plásticos) nas vías públicas, decidiuse desenvolver un sistema mecanizado, que consiste en soterrar os actuais colectores de superficie, para mellora-lo aspecto estético das vías urbanas.

Residuos admisibles nos colectores soterrados

Estes colectores estarán destinados á recollida selectiva e ó almacenamento temporal de:

  • Papel e cartón
  • Vidro
  • Envases lixeiros: plásticos, latas, briks
  • Residuos orgánicos

Secuencia fotográfica da instalación:

As seguintes imaxes corresponden á instalación de contedores en Cambados (Pontevedra):

  • Excavación do foso:

 

  • Hormigonado do foso:

  • Colocación das plataformas: 

  • Pruebas de funcionamento :

  • Colocación do pavimento: 

Xestión de colectores soterrados

A xestión dos Colectores Soterrados será competencia do concello no que se sitúe o mesmo tal e como se contempla no convenio a asinar entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello en cuestión. A xestión inclúe o mantemento dos colectores soterrados así como a posterior evacuación dos residuos como sexa pertinente segundo a tipoloxía dos mesmos.