O boletín de Información Ambiental é unha publicación electrónica mensual da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Este boletín nace co obxectivo de ser unha fonte de información fluida, dinámica e estruturada que posibilite o acceso de todos os cidadáns ás cuestións medioambientais. Por medio deste boletín inténtase achegar aos usuarios información sobre normativa (local, estatal, autonómica e europea), convocatorias (cursos, congresos, axudas e subvencións, premios, etc), novedades bibliográficas, recursos electrónicos,....
Pódese consultar visitando a web ou ben recibilo por correo electrónico. Para este úlltimo caso existe un formulario de inscrición que permite recibir automáticamente, no seu enderezo electrónico, o boletín. Tamén existe a opción de recibir un correo diario con convocatorias de axudas, subvencións, cursos e actividades, sempre que se actualizase con contidos novos.
Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Os datos de carácter persoal recollidos neste formulario serán tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, coa finalidade de xestionar a súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín de información ambiental. A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no seu consentimento. Informámolo/a de que non se prevén comunicacións a terceiros dos datos achegados neste formulario. Como persoa interesada poderá acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos, ou retirar o consentimento, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos. Dispón de máis información sobre a protección de datos, así como do contacto cos/as delegados/as de protección de datos da Xunta de Galicia en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.