A Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases establece que os sistemas integrados de xestión deben ser autorizados polas comunidades autónomas nas que se implanten territorialmente.
Mediante resolución ditada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, autorizouse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia o seguinte sistema integrado de xestión de envases e residuos de envases de medicamentos e medicamentos caducados:
Este sistema integrado de xestión encárgase da xestión de envases e residuos de envases de medicamentos e medicamentos caducados recollidos na comunidade e que os cidadáns depositan nos puntos SIGRE situados nas farmacias.
SIGRE : sigre@sigre.es Teléfono: 91 391 12 30 Fax: 91 319 72 12