Se o agricultor non entrega os envases baleiros nos Centros de Agrupamento dispoñibles de balde terá que entregarllos a un xestor autorizado supoñéndolle un custe.
O uso inadecuado de produtos fitosanitarios e a eliminación non controlada dos seus envases unha vez utilizados produce consecuencias negativas sobre o ambiente . Por iso, unha vez usados, os envases de produtos fitosanitarios non se poderán tirar, queimar nin enterrar, senón que deben ser retirados e tratados axeitadamente.
Os axentes responsables da primeira posta no mercado dos produtos envasados de fitosaniarios están obrigados a aceptar a devolución ou retorno dos residuos de envases e envases usados de produtos fitosanitarios. Pola contra o posuidor final dos residuos de envases e envases usados de produtos fitosanitarios deben entregarllos en condicións adecuadas de separación por materiais para a súa reutilización, reciclaxe ou valorización.
Se os axentes responsables participan nun sistema integrado de xestión (SIX) de residuos de envases e envases usados de produtos fitosanitarios delegan as súas obrigas nos SIX e son estes os que deben garantir a correcta xestión dos mesmos.
O SIX (SIGFITO) dispón dunha rede de puntos de recollida chamados Centros de Agrupamento, formada por entidades dedicadas á distribución de produtos fitosanitarios (comercios, cooperativas agrícolas,....) e grandes explotacións individuais. A participación destas entidades como Centros de Agrupamento establecese a través de convenios de colaboración voluntaria entre cada centro e SIGFITO.
O agricultor como posuidor final do residuos de envases de produtos fitosanitarios ten que realizar, antes de depositar estes envases nos Centros de Agrupamento, unha correcta limpeza dos mesmos. O método máis básico é o triplo enxaugue que consiste como o seu nome indica en enxaugar os envases tres veces.
Unha vez limpos levaraos aos Centros de Agrupamento que están identificados co seguinte símbolo.
E onde se almacenaran ata que unha empresa autorizada os recolla para levalos a unha instalación de tratamento final.
Que envases recolle SIGFITO
Estes envases sempre estarán identificados co logotipo de SIGFITO.
Que envases non recolle SIGFITO