Aínda que desde o punto de vista conceptual a definición de residuo de construción e demolición abarca a calquera residuo que se xere nunha obra de construción e demolición, a lexislación existente limita o concepto de RCD aos residuos codificados na Lista Europea de Residuos no capítulo 17 .
Aínda que desde o punto de vista conceptual a definición de residuo de construción e demolición abarca a calquera residuo que se xere nunha obra de construción e demolición, a lexislación existente limita o concepto de RCD aos residuos codificados na Lista Europea de Residuos no capítulo 17 (calquera substancia ou obxecto que, cumprindo a definición de residuo incluída no artigo 3, epígrafe a) da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, sexan orixinados na execución material dos traballos de construción, tanto de nova planta como de rehabilitación ou reparación, así como das operacións de desmontaxe, desmantelamento ou derribo de edificios e instalacións, atopándose incluídos na categoría 17 da Lista Europea de Residuos aprobada pola Orde MAM/304/2002). Dito capítulo divídese en:
Residuos de construción e demolición (RCD) |
|
17 |
Residuos da construción e demolición (incluída a terra escavada de zonas contaminadas) |
1701 |
Formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos |
1702 |
Madeira, vidro e plástico |
1703 |
Mesturas bituminosas, alcatrán de hulla e outros produtos alcatranados |
1704 |
Metais (incluídas as súas aleacións) |
1705 |
Terra (incluída a escavada de zonas contaminadas), pedras e lodos de drenaxe |
1706 |
Materiais de illamento e materiais de construción que conteñen amianto |
1708 |
Materiais de construción a partir de xeso |
1709 |
Outros residuos de construción e demolición |
O Real Decreto 105/2008, de 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición publicouse co obxectivo de fomentar, por esta orde, a prevención, reutilización, reciclado e outras formas de valorización, de forma que unicamente se eliminen RCD unha vez tratados convenientemente, e contribuír a un desenvolvemento sostible da actividade de construción. Este real decreto define as figuras de produtor e posuidor de RCD, asignando a cada un deles unhas obrigas específicas. En xeral, as figuras do produtor e do posuidor solen corresponderse co contratista e o construtor dunha obra, respectivamente.
De entre as obrigas que deben cumprir os produtores de RCD, podemos destacar as seguintes:
Para os posuidores de RCD, ademais do cumprimento da lexislación xeral de residuos, as obrigas máis destacadas son as seguintes:
Composición típica dos RCD |
|
Formigón |
38 % |
Material cerámico |
32 % |
Metais |
9 % |
Madeira |
5 % |
Plásticos |
4 % |
Xeso |
4 % |
Papel e cartón |
4 % |
Material pétreo |
2 % |
Outros |
2 % |
Total inertes |
73 % |
Total non inertes |
27 % |
Estes datos hai que tomalos como estimacións que son, dado que non serve para concretar o que sucede nunha obra concreta en particular, posto que estas porcentaxes dependen moito do tipo de obra (edificación, obra civil, demolición, etc.).