Descripción das obras para a rexeneración dun vertedoiro.

Nesta páxina describense as obras necesarias para a rexeneración dun vertedoiro.

Reperfilado: O primeiro paso é conseguir unha configuración estable dos residuos, ó mesmo tempo se pretende reducir o área de afección do vertedoiro.

Capas de selado: O seguinte paso é illar a masa de residuos do entorno para elimina-la contaminación. Un esquema de estas capas pode  consultarse na imaxen desta páxina. Agora detallaremos cada unha das capas:

  • Capa de drenaxe de gases: Só se executa para un sistema de extracción de gases pasivo. A súa función é a de conducir os gases xerados pola materia orgánica dos residuos ata o exterior. Hai dúas posibles solucións técnicas: extensión de lámina de xeodren ou capa de material granular.

  • Capa de impermeabilización: A función principal desta capa é illar a masa de residuos da auga de choiva, para evita-la contaminación destas augas. Existen varias solucións técnicas, as máis comúns son: extensión de lámina de PEAD, composto bentonítico ou capa de arxila, que aseguren a impermeabilidade suficiente para a auga de choiva.

  • Capa drenaxe pluviais: A función desta capa é conduci-la auga de chuvia que chegue á superficie do vertedoiro ata fora del. Hai varias solucións: extensión de lámina de xeodren ou capa de grava.

  • Capa de solo e terra vexetal: Esta última capa ten como función o sustento da vexetación sobre o vertedoiro clausurado.