Pneumáticos

Descripción dos pneumáticos no ámbito do SIX

Pneumáticos fóra de uso: os pneumáticos dos cales o seu posuidor se desprenda ou dos que teña a intención ou obrigación de desprenderse.

Produtor de pneumáticos: a persoa física ou xurídica que fabrique, importe ou adquira en outros estados membros da Unión Europea, pneumáticos que sexan postos no mercado nacional.

Xerador de pneumáticos fóra de uso: a persoa física ou xurídica que, como consecuencia da súa actividade empresarial ou de calquera outra actividade, xere pneumáticos fóra de uso.

Posuidor: o xerador de pneumáticos fóra de uso ou a persoa física ou xurídica que os teña no seu poder e non teña a condición de xestor de pneumáticos fóra de uso.

Xestor de pneumáticos fóra de uso: a persoa física ou xurídica que realice calquera operación de xestión de pneumáticos fóra de uso e que estea autorizada ao efecto cando corresponda.

Pneumáticos de reposición: os pneumáticos que os seus produtores poñen no mercado por primeira vez para substituír aos pneumáticos usados dos vehículos.

Primeira posta no mercado: a primeira vez que o pneumático é obxecto de transmisión no territorio nacional mediante un acto de alienación debidamente documentado.

Codificación e clasificación

Os pneumáticos fóra de uso segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse co código LER 160103.