A Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases establece que os sistemas integrados de xestión deben ser autorizados polas comunidades autónomas nas que se implanten territorialmente.
Mediante resolución ditada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, autorizouse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia o seguinte sistema integrado de xestión de envases e residuos de envases:
Este sistema integrado de xestión encárgase da xestión de envases e residuos de envases recollidos na comunidade e que os cidadáns depositan nos colectores específicos situados nas rúas.