Índice da información inventariada sobre o tema Avaliación Ambiental e Prevención e Control
Nesta páxina poderá encontrar a información inventariada no portal sobre o tema Avaliación Ambiental e Prevención e Control
- EMAS. Sistema comunitario de xestión e auditoria medioambiental.
- Avaliación ambiental de proxectos. Ligazón á páxina da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que contén a información sobre avaliación ambiental de proxectos. O procedemento de avaliación do impacto ambiental de proxectos é un instrumento necesario para a preservación dos recursos naturais e a defensa do ambiente, xa que introduce a variable ambiental na toma de decisións sobre os proxectos con importante incidencia no medio.
- Avaliación ambiental estratéxica. Ligazón á páxina da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que contén a información sobre avaliación ambiental extrátexica de plans. A avaliación ambiental de plans e programas, tamén coñecida como avaliación ambiental estratéxica, é un instrumento que permite integrar os aspectos ambientais na elaboración e aprobación de plans e programas públicos para acadar un elevado nivel de protección do medio e promover o desenvolvemento sostible.
- Avaliación da incidencia ambiental. Ligazón á páxina da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que contén a información sobre avaliación da incidencia ambiental de actividades. O procedemento de avaliación da incidencia ambiental daquelas actividades susceptibles de afectar o ambiente permite a súa análise previa á posta en marcha, posibilita introducir medidas correctoras e facilita a súa posterior vixilancia e control.
- Autorización ambiental integrada. Ligazón á páxina da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que contén a información sobre autorización ambiental integrada. A autorización ambiental integrada (AAI) é unha figura de intervención ambiental creada para a protección do medio no seu conxunto e na que se integran as diferentes autorizacións ambientais contidas na lexislación sectorial.