Os residuos industriais deben codificarse dentro da Lista Europea de Residuos en función da fonte xeradora dos residuos, identificando a actividade industrial e o proceso concreto no que se xeran .
Considéranse residuos industriais aqueles residuos resultantes dos procesos de fabricación, de transformación, de utilización, de consumo, de limpeza ou de mantemento xerados pola actividade industrial, excluídas as emisións á atmosfera reguladas na Lei 34/2007, do 15 de novembro.
A competencia para a concesión de autorizacións administrativas e o control dos residuos en Galicia corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Exemplos de residuos industriais serían:
Os residuos industriais poden ser perigosos e non perigosos. Ademais, en función da actividade xeradora dos residuos, poden facerse outras clasificacións. Por exemplo, algúns dos grupos concretos de residuos poderían ser residuos de construción e demolición, residuos sanitarios, residuos agrarios, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, etc.