A xestión dos aceites industriais usados está regulada polo Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño. Quen determina a inclusión ou non no Real Decreto 679/2006 é o aceite industrial non o aceite usado, polo que se o aceite industrial se inclúe nalgúns dos Códigos da Nomenclatura Combinada do anexo III (Modificado pola Orde ARM/795/2011, do 31 de marzo), está incluído no ámbito do Real Decreto e, por tanto, tamén o están os aceites usados xerados tras a súa utilización .
Definicións
Aceites industriais: os aceites lubricantes de bases mineral, sintética ou asimilada de orixe animal, en particular os aceites dos motores de combustión, dos sistemas de transmisión, dos lubricantes, das turbinas e dos sistemas hidráulicos.
Aceites usados: todo aceite industrial que se tornase inadecuado para o uso que lle asignou inicialmente.
Nas etiquetas dos envases de aceites industriais que se poñan no mercado, e en lugar ben visible, deberase incluír a seguinte frase: “a xestión ecolóxica dos aceites usados xerados despois da utilización deste aceite está regulada no Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados, que esixe que eses residuos sexan entregados polo seu posuidor ao fabricante do aceite, a un xestor autorizado de aceites industriais usados, ou a un sistema integrado de xestión autorizado para este tipo de residuos”. Nestas mesmas etiquetas indicarase, de ser o caso, o sistema integrado de xestión previsto para a xestión do aceite usado que se orixine despois do seu uso mediante un logotipo que permita identificar o responsable da súa correcta xestión ambiental.
Codificación e clasificación
Os residuos de aceites industriais segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse e clasifícanse cos seguintes códigos LER:
CÓDIGO LER |
DESCRIPCIÓN |
13 01 |
Residuos de aceites hidráulicos |
13 02 |
Residuos de aceites de motor, de transmisión mecánica y lubricantes |
13 03 |
Residuos de aceites de aislamiento y transmisión de calor |
13 05 |
Restos de separadores de agua/substancias aceitosas |
13 08 |
Residuos de aceites no especificados en otra categoría |
12 01 |
Residuos del moldeado y del tratamiento físico y mecánico de superficie de metales y plásticos |