O trámite de consulta pública previa ten por obxecto solicitar a opinión de cidadáns, organizacións e asociacións antes da elaboración dun proxecto normativo. A participación pública é un elemento fundamental na avaliación ambiental, dando oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración de proxectos que poidan afectar o ambiente e na decisión da súa viabilidade. Conforme ao considerando terceiro da Directiva 2003/35, que recolle precisamente o ditado do Convenio de Aarhus, o dereito á participación pública no proceso de toma de decisións sobre o medio ambiente ou con efecto no mesmo, debe permitir a participación real do público na adopción desas decisións e que as autoridades decisorias poidan telas en conta, favorecendo desta maneira a responsabilidade e a transparencia do proceso decisorio e contribuíndo á toma de conciencia por parte dos cidadáns sobre os problemas ambientais e ao respaldo público das decisións adoptadas. A través desta sección difúndense os anteproxectos de lei, regulamentos, plans e programas que levan a cabo as distintas administraciónes : Galega, Estatal e Comunitaria, para que os cidadáns poidan valoralos con anterioridade á súa aprobación e así garantir o dereito de acceso á información e participación en materia de medio ambiente.
GALICIA
ESTATAL
COMUNITARIA
Na sección de NOVAS desta Plataforma se poden consultar proxectos e plans que saen a información pública.