Co reciclado os envases lixeiros pechamos o ciclode vida deste material permitindo a súa utilización como materia prima na fabricación de novos produtos.
A Lei 11/1997, de 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases considera envase a todo produto fabricado con materiais de calquera natureza e que se utilice para conter, protexer, manipular, distribuír e presentar mercadorías, dende materias primas, ata artigos acabados, en calquera fase da cadea de fabricación, distribución e consumo.
Dentro deste grupo, os envases lixeiros, son aqueles envases que como característica común pesan moi pouco para o volume que ocupan, é dicir, teñen unha baixa densidade. Están fundamentalmente constituídos por botellas e botes de plástico, plástico filme, latas, cartón para bebidas (brik) ou outros envases mixtos.
Os envases lixeiros codifícanse dentro da Lista Europea de Residuos co código LER 150106 (Envases mesturados).
De forma xeral segundo os materiais e a súa posterior reciclaxe atopámonos con tres grandes grupos de envases lixeiros:
Os envases lixeiros plásticos son fabricados a partir de compostos poliméricos naturais ou artificiais que se transforman nun proceso térmico a presión axeitada.
Existe unha gran variedade de plásticos e para clasifícalos usase un sistema de codificación internacional segundo se amosa na táboa seguinte.
Os envases plásticos levan unha marca que consiste no símbolo internacional de reciclado co código correspondente en medio segundo o material específico.
De forma coloquial chamamos lata a todo envase metálico utilizado para envasar líquidos e produtos de conserva. Forman parte deste grupo as latas férricas ou de latón e as de aluminio. Inclúense tamén os aerosois.
Considéranse envases mixtos os compostos por varios materiais como poden ser os brics ou cartón para bebidas. Os brics ou cartón para bebidas están compostos maioritariamente por cartón (75%) e outras capas de plástico e/ou aluminio.
Existen outros envases mixtos como as bolsas de patacas fritas, paquetes de café, bolsas de papel alimentación (parafinado, doble capa papel-plástico,...).
Tras o seu depósito no colector correspondente, segundo o modelo de xestión, os envases lixeiros son clasificados nas plantas de selección. Nestas plantas, cada vez más automatizadas mediante separadores balísticos e ópticos sepáranse, como mínimo, nas seguintes fraccións: aceiro, aluminio, PET, PEAD, PEBD e brics.
Tras a súa separación cada unha das fraccións diríxese ao seu correspondente reciclador encargado de transformalo nunha nova materia prima coa cal se poderán fabricar de novo envases ou outros produtos como tubarias, felpudos, cubos, etc. substituíndo así as materias primas minerais e fósiles utilizadas. Pecharíase deste xeito o ciclo de vida dos envases.
Este tipo de envases deben incluír o Punto Verde como identificación de que pertencen a un sistema de responsabilidade ampliada do produtor. Pode consultar máis información sobre este sistema integrado de xestión pinchando aquí.