SIX autorizados en Galicia para os envases fitosanitarios

A Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases establece que os sistemas integrados de xestión deben ser autorizados polas comunidades autónomas nas que se implanten territorialmente.

Mediante resolucións ditadas pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, foron autorizados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia o seguinte sistema integrado de xestión de envases e residuos de envases de fitosanitarios:

Este sistema integrado de xestión encárgase da xestión de envases e residuos de envases dos produtos fitosanitarios recollidos na comunidade.

NON RECOLLE produtos caducados envasados nin envases con produto.

SIGFITO : sigfito@sigfito.es Teléfono: 91 716 11 30 Fax: 91 716 11 31