Distribución e xestión dos residuos domésticos
En Galicia conviven hoxe en día os seguintes modelos de xestión de residuos domésticos:
| 
			 Entidade Xestora  | 
			
			 Modelo de xestión  | 
			
			 Situación da planta de tratamento  | 
			
			 Concellos adheridos  | 
			
			 Poboación incorporada  | 
		
| 
			 2012  | 
			
			 2012  | 
		|||
| 
			 Sociedade Galega de Medio Ambiente  | 
			
			 Recollida diferenciada da fracción Resto e dos envases. Recollida selectiva de papel e vidro. Non separación da fracción orgánica.  | 
			
			 CERCEDA  | 
			
			 297  | 
			
			 2.298.017  | 
		
| 
			 94,3%  | 
			
			 82,6%  | 
		|||
| 
			 Concello da Coruña e Consorcio das Mariñas  | 
			
			 Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Recollida selectiva de papel e vidro.  | 
			
			 NOSTIÁN  | 
			
			 9  | 
			
			 396.668  | 
		
| 
			 2,9%  | 
			
			 14,3%  | 
		|||
| 
			 Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza  | 
			
			 Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Recollida selectiva de papel e vidro.  | 
			
			 LOUSAME  | 
			
			 9  | 
			
			 86.813  | 
		
| 
			 2,9%  | 
			
			 3,1%  | 
		|||
| 
			 TOTAL  | 
			
			 315  | 
			
			 2.781.498  | 
		||
A diferenza básica entre eles radica na distinta separación en orixe realizada aos residuos domésticos, o cal determinará o tratamento posterior a realizar a eses residuos.
Coñeza cal é o modelo de xestión do seu concello buscándoo no mapa e consulte a información detallada dese modelo de xestión na pestana correspondente.

O sistema de recollida dos residuos domésticos compleméntase cunha rede de Puntos limpos distribuída ao longo de todo o territorio galego para facilitar a labor de reciclaxe de todos os cidadáns. Consulte o punto limpo máis próximo ao seu fogar premendo aquí.
Dentro das competencias das Entidades Locais atópase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma que se estableza nas respectivas ordenanzas.
A Federación Española de Municipios e Provincias, en colaboración con Ecoembes, ven de publicar unha Ordenanza tipo e un Prego de prescricións técnicas sobre a xestión de residuos de competencia local para que sirvan de modelo e guía ás entidades locais á hora de adaptar as súas ordenanzas ou no momento de adxudicar novos contratos de xestión destes residuos.