Inicio Información ambiental

O Sistema de Información Ambiental

Os Sistemas de Información Ambiental son aqueles recursos técnicos e humanos que permiten a captación, estruturación, acceso e difusión da información relativa ao medio ambiente. Neles utilízanse ferramentas informáticas como bases de datos, sistemas de información xeográfica (SIX) ou directorios de documentos.

A consecución do desenvolvemento sostible esixe un fondo coñecemento e manexo da información ambiental por parte tanto dos responsables das tomas de decisións como da cidadanía en xeral. Consecuentemente, resulta fundamental dispor dun sistema de información ambiental co que acadar unha xestión eficaz en materia ambiental, que facilite a asignación óptima dos recursos, permita a difusión pública do coñecemento na materia e, mediante a súa axuda na toma de decisións, asegure un desenvolvemento duradeiro, así como o mantemento e mellora da calidade de vida, sen mingua da calidade ambiental.

O Sistema de Información Ambiental de Galicia é o instrumento creado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para facilitar o acceso á información medioambiental ao público en xeral, usuarios expertos/investigadores e a outras administracións. Está integrado na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.

Solicitud de información ambiental

Normativa: