Información de interese sobre os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

Denomínase RAEE ós aparellos eléctricos e electrónicos, os seus materiais, compoñentes, consumibles e subconxuntos que os compoñen, procedentes tanto de fogares particulares como de usos profesionais, a partir do momento en que pasan a ser residuos.

Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos teñen códigos específicos dentro da Lista Europea de Residuos. Os códigos correspondentes recóllense na táboa que aparece nesta páxina.

Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

160209*

Transformadores e condensadores que conteñen PCB

160210*

Equipamentos desbotados que conteñen PCB, ou están contaminados por eles, distintos dos especificados no código 16 02 09

160211*

Equipamentos desbotados que conteñen clorofluorocharbonos, HCFC, HFC

160212*

Equipamentos desbotados que conteñen amianto libre

160213*

Equipamentos desbotados que conteñen compoñentes perigosos, distintos dos especificados nos códigos 16 02 09 a 16 02 12

160214

Equipamentos desbotados distintos dos especificados nos códigos 16 02 09 a 16 02 13

200121*

Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio

200123*

Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos

200135*

Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21 e 20 01 23, que conteñen compoñentes perigosos

200136

Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso distintos dos especificados nos códigos 20 01 21, 20 01 23 e 20 01 35

O Real Decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos e a xestión dos seus residuos, establece que os produtores destes deben adoptar medidas para que, ó final da súa vida útil, estes residuos sexan recollidos e tratados correctamente. En Galicia, os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos son xestionados a través dos sistemas integrados de xestión (SIX). Para obter máis información acerca dos SIX de RAEE, prema aquí .

As instalacións de xestión de RAEE

En Galicia existen varias plantas autorizadas para a xestión de residuos de aparellos eléctricos y electrónicos. As instalacións de xestión de RAEE deben cumprir cos requisitos técnicos establecidos no anexo IV do Real Decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos e a xestión dos seus residuos.

No caso de que nunha instalación de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos se pretendan xestionar RAEE que conteñan gases fluorados e hidrocarburos (códigos LER 160211* e 200123*), normalmente asociados a un proceso de intercambio de temperatura (frigoríficos, conxeladores, aparellos que proporcionan automaticamente produtos fríos e aparellos de aire acondicionado), deberá cumprirse co especificado na Nota Técnica NT-T1-V1  publicada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente sobre o tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos que conteñan clorofluorocarbonos (CFC), hidroclorofluorocarbonos (HCFC), hidrofluorocarbonos (HFC) ou hidrocarburos (HC), de forma que se garanta o cumprimento do disposto no RD 208/2005 e da lexislación medioambiental nacional aplicable en materia de residuos, emisións atmosféricas, responsabilidade medioambiental e en materia de protección da saúde dos traballadores e prevención de riscos laborais.

Autorización para a xestión de RAEE

Para poder realizar actividades de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos a empresa deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos perigosos ou non perigosos, en función do tipo de RAEE que teñan pensado xestionar e a súa codificación dentro da Lista Europea de Residuos.

A solicitude de autorización como xestor de residuos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí .