Nesta páxina encontrara información sobre como se xestionan os residuos de aparellos electrícos e electrónicos.
Non se considerará produtor o distribuidor se a marca do produtor figura no aparello, cando o propietario desa marca estea rexistrado no Rexistro de establecementos industriais de ámbito estatal.
Non terá a condición de produtor a persoa física ou xurídica que exclusivamente financie operacións de posta no mercado, salvo que actúe como produtor segundo algún dos casos previstos no parágrafo anterior.
O Real Decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos electrónicos e a xestión dos seus residuos, clasifica os diferentes RAEE nas seguintes categorías:
O anexo I do Real Decreto 208/2005 aporta unha lista indicativa dos produtos incluídos nas diferentes categorías.
Calquera persoa que subministre aparellos eléctricos e electrónicos, en condicións comerciais, a outra persoa ou entidade que sexa usuario final do devandito produto.
No artigo 10 do Real Decreto 208/2005, establecese que todos os aparellos se deberán marcar para identificar o produtor e para deixar constancia de que foron posto no mercado despois do 13 de agosto de 2005. Ademais os destinados aos fogares marcaranse con este símbolo de maneira visble,lexible e indeleble. Excepcionalmente, se o aparello non se pode etiquetar o símbolo estamparase no envase, nas instrucións de uso e na garantía do aparello.
Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse cos eguintes códigos LER:
CÓDIGO LER |
DESCRICIÓN |
20 01 21* |
Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio |
20 01 23* |
Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorcarbonos |
20 01 35* |
Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21 e 20 01 23, que conteñen compoñentes perigosos |
20 01 36 |
Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21, 20 01 23 e 20 01 35 |
16 02 09* |
Transformadores e condensadores que conteñen PCB |
16 02 10* |
Equipamentos desbotados que conteñen PCB, ou están contaminados por eles, distintos dos especificados no código 16 02 09 |
16 02 11* |
Equipos desbotados que conteñen clorofluorocarbonos, HCFC, HFC |
16 02 12* |
Equipamentos desbotados que conteñen amianto libre |
16 02 13* |
Equipamentos desbotados que conteñen compoñentes perigosos, distintos dos especificados nos códigos 16 02 09 a 16 02 12 |
16 02 14 |
Equipamentos desbotados distintos dos especificados nós códigos 16 02 09 a 16 02 13 |