Síntese da xestión dos envases de papel-cartón
Os envases de papel-cartón xerados nos domicilios particulares deben ser recollidos selectivamente para a súa posterior reciclaxe, segundo o obriga a Lei de Envases e Residuos de Envases.
A recollida dos envases de papel-cartón realízase conxuntamente co denominado papel mestura (papel prensa para periódicos, papel publicitario, papeles para a edición de libros, folios, sobres, carpetas, cadernos, etc) xeralmente mediante colectores metálicos de alta capacidade (2,5-3m3) de cor azul ou franxa azul, denominados colectores azuis.
Estes colectores están especialmente deseñados para a recepción deste material e poden estar agrupados co resto dos colectores destinados á recollida selectiva ou atoparse illados co fin de acercarse ao máximo aos lugares de xeración ou consumo de papel-cartón.
Existe un modelo complementario para a recollida destes envases que son os denominados colectores soterrados cuxa principal característica e que se atopan soterrados para mellorar o aspecto estético das vías urbanas, especialmente en paraxes históricas ou monumentais. Pode atopar máis información sobre este tipo de colectores premendo aqui.
No caso do papel-cartón existen implantados modelos de recollida porta a porta en zonas de alta densidade de pequenos comercios e servizos. Neste sistema os comercios deben sacar á porta os seus envases, nas condicións de presentación que se lles indique e nun horario establecido, e logo pasa un vehículo a recoller estes envases. A posta en marcha do sistema de recollida selectiva porta a porta pode ser iniciativa dos concellos, dos propios centros xeradores dos residuos (individualmente ou agrupados), ou dos axentes recuperadores ou recicladores.
Actualmente a totalidade dos municipios galegos contan con colectores para a recollida selectiva dos envases de papel-cartón na vía pública. O número total de colectores para a recollida selectiva de papel en Galicia é 10762. A súa distribución en provincias é:
PROVINCIA |
Nº CONTENEDORES AÑO 2012 |
A Coruña |
4.450 |
LUGO |
1.642 |
OURENSE |
1.297 |
PONTEVEDRA |
3.393 |
TOTAL |
10.782 |
Debido ás características dos concellos de Galicia, a dotación de colectores é diferente en función do tipo de concello: zona urbana, zona semiurbana ou zona rural.
Que debe depositar o cidadán no colector azul:
Que NON se pode depositar no colector azul:
Unha vez que o cidadán deposita os residuos de papel-cartón no colector azul é o SIX autorizado, ECOEMBES, o encargado de xestionar estes residuos.
Tras o seu depósito no colector azul os envases de papel e cartón trasládanse a plantas de almacenamento dende onde se envían en balas aos recuperados e recicladores, que tras unha clasificación por calidades e posterior reciclaxe producirán de novo papel e cartón.
ECOEMBES licita regularmente a venta dos materiais recuperados. Pode consultar as empresas adxudicatarias premendo aquí.