II Xornada sobre xestión de puntos limpos - 29/4/2016

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, organizou o pasado día 29 de abril de 2016 unha xornada dedicada á xestión ambiental no eido local e, en particular, á xestión de Puntos Limpos.

Esta é a segunda xornada que promove esta Consellería nesta materia, e a mesma encádrase na Liña Estratéxica 6 do PXRUG 2010-2020,  Ampliación e Mellora de Puntos Limpos, que pretende optimizar a xestión interna destas instalacións para potenciar o servizo e contribuír á consecución dos obxectivos de reciclaxe establecidos no propio Plan e nas Directivas europeas na materia.
A sesión, que contou coa participación de representantes locais, autonómicos e estatais, transcorreu coas exposicións sobre a evolución do funcionamento destas instalacións en Galicia, o réxime legal destas instalacións e actividades e os instrumentos dispoñibles para acadar un servizo de calidade, exemplos de xestión sostible por parte de dúas entidades locais, así como o repaso das novidades normativas en materia de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) e a presentación das axudas económicas previstas a nivel autonómico e estatal para a mellora de xestión ambiental no eido local.
A continuación poden consultarse as presentacións expostas na xornada: