Mediante a compostaxe doméstica podemos tratar os restos de comida e os restos de xardinería xerados no noso fogar fabricando un compost que podemos utilizar como fertilizante orgánico para as plantas, a horta ou o xardín
A Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados define os “biorresiduos” como os residuos biodegradables de parques e xardíns, residuos alimenticios e de cociña procedentes de fogares, restaurantes, servizos de restauración colectiva e establecementos de venta ao por menor; así como, residuos comparables procedente de plantas de procesado de alimentos.
A efectos do PXRUG considéranse biorresiduos domésticos ou fracción orgánica a todos os residuos orgánicos biodegradables de orixe vexetal ou animal, xerados nos fogares, susceptibles de degradarse bioloxicamente, e constituídos fundamentalmente por:
Os restos de poda, fracción vexetal de maior tamaño e tipo leñoso, require polas súas características unha xestión específica como unha trituración previa á súa valorización.
A nivel de recollida e xestión poden integrarse nesta fracción outros residuos biodegradables como son os elementos de celulosa (papel de cociña e servilletas), derivados da madeira (tapóns de cortiza e serrín) e outros compostables como bolsas compostables ou restos de infusións.
Se o noso concello está adherido ao modelo de xestión de Nostián ou Barbanza podemos depositar esta fracción recollida selectivamente nos colectores específicos habilitados para dita recollida.
Estes residuos trasládanse ao complexo ambiental correspondente onde se tratan na planta de compostaxe ou na planta de dixestión anaerobia segundo o modelo de xestión.
Nas plantas de compostaxe, como a de Barbanza, ten lugar un proceso de tratamento biolóxico en presenza de osíxeno a partir do cal se obtén un abono natural, de calidade, que xera un beneficio para a agricultura como rexenerador do solo, denominado compost.
Nas plantas de dixestión anaerobia, ou biometanización, como a de Nostián, ten lugar nun reactor un proceso biolóxico en ausencia de osíxeno no que interveñen distintos grupos de microorganismos que descompoñen a materia orgánica para obter biogás, a partir do cal se xerará enerxía, e dixestato, que debe estabilizarse aerobicamente para obter como produto un material bioestabilizado.
No ámbito doméstico (no xardín do noso fogar) ou de forma colectiva (nun lugar común de varios fogares) podemos realizar a autocompostaxe, que non é máis que aproveitar directamente en orixe a materia orgánica para elaborar un abono natural que podemos aplicar nas nosas plantas, xardín ou horta en substitución dos fertilizantes artificiais.
Co tratamento diferenciado da materia orgánica devolvemos os nutrientes ao solo e pechamos así o ciclo da materia orgánica; mediante a autocompostaxe este ciclo simplificase xa que o lugar de xeración e produción do compost é o mesmo.