Nesta sección poderase encontrar información sobre os obxetivos das normativas e plans relacionados cos residuos domésticos.
O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020, aprobado polo Goberno galego o 13 de xaneiro de 2011, é o instrumento de xestión en materia de residuos domésticos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Plan nace para fomentar a prevención da xeración de residuos e promocionar a reutilización, a reciclaxe e a valorización dos residuos xerados.
Co fin de acadar os obxectivos cuantitativos e cualitativos marcados pola normativa vixente e formulados polo propio Plan, especialmente en materia de prevención e recollida selectiva, desenvólvense dez liñas estratéxicas de actuación: