A fracción resto e a fracción inorgánica son fraccións recollidas de forma indiferenciada, non selectiva
A efectos do PXRUG denominase Fracción Resto á fracción residual dos residuos domésticos unha vez efectuada a recollida selectiva de envases diferenciada no modelo Sogama, e que aínda pode conter materiais valorizables susceptibles de ser valorizados por outras vías como opción preferible á súa eliminación ou vertido.
Por outra banda o PXRUG utiliza a denominación Fracción Inorgánica para referirse á fracción seca dos residuos no modelo de segregación húmido-seco (Nostián e Barbanza). Esta fracción, do mesmo xeito, sería a fracción residual dos residuos domésticos unha vez efectuada as recollidas selectivas pertinentes, e que contén a fracción de envases lixeiros e aínda pode conter outros materiais valorizables.
Tras o seu depósito no colector verde ou xenérico esta fracción é tratada no Complexo Medioambiental de Cerceda mediante a valorización enerxética, recuperando previamente os materiais valorizables contidos nesta fracción: metais férricos e non férricos.
Para coñecer máis a fondo o ciclo de xestión desta fracción prema aquí.
Tras o seu depósito no colector específico esta fracción trasládese á planta de xestión correspondente onde se trata mediante un proceso de triaxe e clasificación para recuperar os materiais valorizables: metais férricos e non férricos, plásticos de distintas tipoloxías e, nalgúns casos, vidro.