Por cada tonelada de papel reciclado evitamos a tala de 24 árbores adultas
O papel-cartón xerado nos fogares pode clasificarse en dous grandes grupos:
Envases e embalaxes de papel-cartón: caixas de cartón, bolsas, sacos, papel de embalar, etc. Estes envases deben incluír o Punto Verde como identificación de que pertencen a un sistema de responsabilidade ampliada do produtor. Pode consultar máis información sobre este sistema integrado de xestión pinchando aquí.
Papel mestura: papel prensa para periódicos, papel publicitario, papeis para a edición de libros, folios, sobres, carpetas, cadernos, etc.
A xestión de estes residuos faise de forma conxunta a través da súa recollida no contedor específico.
Tras o seu depósito no colector azul os residuos de papel-cartón envíanse a un planta de valorización intermedia onde se realizan operacións de limpeza, clasificación e enfardado. Tras esta primeira operación o papel-cartón clasificado entregase a un recuperador final ou a unha fábrica de papel cuxas instalacións permitan reciclalo directamente.