A Planta de tratamento de residuos da Coruña caracterízase por contar co tratamento específico da materia orgánica recollida selectivamente.
O modelo de xestión de residuos domésticos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte o concello da Coruña e 8 concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros), ten como destino dos residuos domésticos xerados a Planta de tratamento de residuos da Coruña situada no concello de Nostián (A Coruña), de aquí en adiante denominada Nostián.
O esquema xeral da xestión dos fluxos dos residuos deste modelo pode consultarse na imaxen desta páxina que foi sacada do PXRUG 2010-2020.
A planta recibe dúas fraccións principais: a fracción inorgánica (resto e envases) e a materia orgánica recollida selectivamente. Para o tratamento destas fraccións a planta consta de dous grandes módulos:
Os rexeitamentos desta instalación son dirixidos a un vertedoiro autorizado externo.
Actualmente esta planta é xestionada por ALBADA.
Pode consultar información máis detallada sobre o funcionamento deste complexo na páxina web de ALBADA
NOSTIÁN - ALBADA : albada@albada.org Teléfono: 981 145 525 Fax: 981 145 819