Un vertedoiro incontrolado é un foco de contaminación e de riscos sanitarios, e incluso de incendios. Coa clausura preténdese:
- Minimizar e corrixi-los impactos orixinados permitindo a integración do lugar co seu entorno.
- Elimina-lo hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo en ditos lugares, perséguese actuar de forma disuasoria, engadindo a realización de plantacións, hidrosementas e a colocación de carteis informativos que prohiban o seu uso como vertedoiros.
Que é a limpeza de puntos de vertido incontrolado?
As obras a realizar serán encamiñadas en liñas xerais da seguinte maneira:
- Recollida e separación dos residuos:
Escolla dos residuos, por un xestor autorizado, aqueles que teñan consideración de Residuos Perigosos (RP) no seu caso (latas de aceite, filtros de aceite, envases de pintura, etc.)
- Traslado dos residuos:
No caso dos RSU e asimilables a urbanos o destino final dos mesmos será o vertedoiro municipal que corresponda ó lugar no que se realice a actuación, en caso de non existir, o da mancomunidade de municipios onde se vertan os residuos de dito municipio. No caso de que non sexa posible, os residuos destinaranse ó depósito temporal da Sociedade Galega de Medio Ambiente no concello de Cerceda (A Coruña). No caso dos RPs, o destino final dos mesmos será o Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, no municipio de As Somozas (A Coruña). As labores de descontaminación comprenderán, fundamentalmente, a recollida, separación, transporte e entrega a xestor autorizado o vertido en vertedoiro autorizado, segundo o tipo de residuos.
- Rexeneración da zona:
Unha vez retirados os residuos, procederase ó acondicionamento da zona do vertido mediante a compactación seguido dun recubrimento a lo menos de 40 cm. de terra vexetal e sementa de vexetación acorde co entorno, para logra-la súa integración paisaxística.