No Complexo Medioambiental de Cerceda SOGAMA realiza a xestión e tratamento da maior parte dos residuos domésticos producidos no territorio galego
A empresa pública autonómica Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), creada por Decreto do 11 de abril de 1992, é o instrumento principal para a xestión da fracción resto e dos envases lixeiros da maioría dos concellos de Galicia, xa que foi a opción de xestión promovida polo propio Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia do ano 1998.
Na xestión dos fluxos de residuos domésticos deste modelo o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), xestionado por SOGAMA, xoga un papel fundamental.
Na imaxe desta páxina pode verse un Esquema de xestión do modelo SOGAMA, sacado do PXRUG 2010-2020.
A recepción da fracción resto e dos envases lixeiros realízase inicialmente, na maioría dos concellos, mediante unha rede de plantas de transferencia distribuídas por todo o territorio galego. Nestas plantas realízase o transvase dos residuos dende os camións da recollida municipal a colectores de maior capacidade axeitados para realizar o transporte de longa distancia reducindo así o custo de transporte e os impactos ambientais derivados deste.
O CMC recibe estes residuos ben directamente das recollidas dos concellos próximos, ou ben procedentes das plantas de transferencia e transportados vía ferrocarril ou estrada.
O Complexo consta dunha serie de instalacións onde os residuos domésticos recibidos reciben o tratamento axeitado para a súa correcta xestión; a suma de todas estas instalacións, complementadas coa actividade do vertedoiro controlado de Areosa, pechan o ciclo da xestión dos residuos domésticos recibidos:
Pode consultar información máis detallada sobre o funcionamento deste complexo na páxina web de SOGAMA e incluso realizar unha visita virtual a este premendo aquí.