O Complexo Medioambiental de tratamento de residuos de Barbanza basea o seu modelo no sistema húmido-seco, onde cobra importancia a recuperación do compoñente orgánico do lixo
O Complexo Medioambiental de tratamento de residuos de Barbanza atópase situado no concello de Lousame (A Coruña) e cobre o ámbito de xestión de residuos domésticos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza e dos concellos de Rois, Pontecesures e Ames.
O esquema xeral da xestión dos fluxos dos residuos pode consultarse na imaxen de esta páxina que foi sacada do PXRUG 2010-2020.
O Complexo recibe dúas fraccións principais: a fracción inorgánica (resto e envases) e a materia orgánica recollida selectivamente. Para o tratamento destas fraccións a planta consta de dúas liñas de tratamento diferenciadas:
Este complexo dispón dun vertedoiro onde se depositan os rexeites xerados no propio centro.
Actualmente esta planta é xestionada por FCC- Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.
BARBANZA-FCC Teléfono: 981 191 240