- Control de gases: O sistema de condución de gases pode ser pasivo ou activo. Se o volume de gas xerado non é importante execútase un sistema de extracción pasivo, a capa de drenaxe é a encargada de recolle-los gases que saen ó exterior mediante unha cheminea.
Se o volume xerado é importante quéimanse, mediante un facho, antes de saír ó exterior, daquela, non existe a capa de drenaxe, se non que se instalan unha rede de tubos que recollen o gas e o levan ata ó facho, tamén pódese aproveitar este gas para producir enerxía.
- Control de lixivias: Os lixiviados que xeran os residuos son conducidos mediante un dren e expulsados da masa de residuos ata unha balsa ou unha depuradora, se a solución escollida é unha balsa o Concello encárgase periodicamente do seu traslado ata unha depuradora.
- Control de pluviais: Preténdese que a auga de chuvia non penetre na masa de residuos, por iso, para minimiza-lo seu efecto, execútanse cunetas perimétricas para conduci-la auga de chuvia fóra da superficie do vertedoiro.
- Control de accesos: Por último, para impedi-lo paso libre de persoas e animais, execútase un peche perimétrico.