As operacións de transporte, almacenamento, valorización e eliminación de residuos son actividades de xestión de residuos
Todos os procesos produtivos, e en especial aqueles susceptibles de xerar residuos perigosos, deben deseñarse de forma que se minimice a xeración dos mesmos tendendo cara a produción cero. Sen embargo nunha instalación industrial na que se realiza un proceso produtivo, sempre existe un fluxo de xeración de residuos, feito que debe terse en conta para planificar unha xestión que inclúa un tratamento adecuado destes residuos.
A Lei 22/2011, do 28 de xullo, define como actividades de xestión de residuos a recollida, o transporte e tratamento dos residuos incluída a vixilancia destas operacións, así como o mantemento posterior ao peche dos vertedoiros.
Se a súa empresa xera residuos a consecuencia da actividade industrial que realiza debe coñecer as distintas actividades implicadas na xestión dos residuos para poder realizar as accións necesarias para asegurar unha correcta xestión dos seus residuos.