Son residuos semilíquidos obtenidos al depurar augas.

Deben coñecerse as características concretas dos lodos de depuradora para poder seleccionar o tratamento máis adecuado para a súa valoración.

Os lodos de depuradora.

Como consecuencia do tratamento de augas residuais (urbanas ou industriais) prodúcense os lodos de depuradora, residuos semi-líquidos, con solutos e sólidos en suspensión, obtidos da actividade de depuración de augas residuais en estacións depuradoras de augas residuais urbanas (EDAR) ou estacións depuradoras de augas residuais industriais (EDARI).

A competencia para a concesión de autorizacións administrativas e o control dos residuos en Galicia corresponde á Consellería de Medio Rural e do Mar e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Os residuos de lodos codificaranse dentro da Lista Europea de Residuos en función da orixe, tendo en conta a actividade xeradora das augas residuais tratadas na estación depuradora. Os lodos de depuradora poden ser perigosos e non perigosos, e ter distintas características físico-químicas en función do proceso que deu lugar á xeración das augas residuais, e do proceso de tratamento da depuradora.

As instalacións de xestión

Debido á variabilidade dos residuos de lodos de depuradora a xestión destes residuos pode realizarse mediante procesos moi diferentes.

A continuación lístanse os tratamentos máis habituais empregados para a xestión de lodos de depuradora procedentes de EDAR e EDARI non perigosos.

  • Tratamento de residuos para a elaboración de fertilizantes: este tratamento supón a valorización de residuos orgánicos, entre os que se poden incluír lodos de depuradora, someténdoos a procesos de compostaxe para a obtención de produtos fertilizantes. Neste caso os produtos resultantes deben cumprir co establecido no Real decreto 824/2005, do 8 de xullo, sobre produtos fertilizantes, e as súas modificacións.

Os lodos de depuradora que poden ser tratados mediante este proceso, son:

Lodos de depuradora para a elaboración de fertilizantes

020204

lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020305

Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas.

020403

Lodos de elaboración de azúcares

020502

Lodos de industrias de produtos lácteos

020603

Lodos de industria de panadería y pastelería

020705

Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas

030311

Lodos da transformación de pasta de papel, papel e cartón

040107

Lodos da industria do coiro e a pel

040220

Lodos da industria textil

190805

Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada

190812

Lodos procedentes do tratamento biolóxico de augas residuais industriais

190814

Lodos procedentes doutros tratamentos de augas residuais industriais, que non conteñen substancias perigosas

  • Tratamento de residuos para a elaboración de substratos de cultivo: este tratamento supón a valorización de residuos orgánicos, entre os que se poden incluír lodos de depuradora, someténdoos a procesos de compostaxe para a obtención de substratos de cultivo. Neste caso os produtos resultantes deben cumprir co establecido no Real decreto 865/2010, do 2 de xullo, sobre substratos de cultivo.

Os lodos de depuradora que poden ser tratados mediante este proceso, son:

Lodos de depuradora para a elaboración de substratos de cultivo

020204

lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020305

Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas.

020403

Lodos de elaboración de azúcares

020502

Lodos de industrias de produtos lácteos

020603

Lodos de industria de panadería y pastelería

020705

Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas

030311

Lodos da transformación de pasta de papel, papel e cartón

040107

Lodos da industria do coiro e a pel

040220

Lodos da industria textil

190805

Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada

  • Tratamento de residuos para a elaboración de tecnosolos: este tratamento supón a valorización de residuos orgánicos, entre os que se poden incluír lodos de depuradora, someténdoos a procesos de biodegradación para a obtención de tecnosolos.

Os tecnosolos son solos reciclados elaborados a partir de residuos non perigosos que cumpran as principais función dos solos, que sexan susceptibles de evolucionar por procesos de formación de solos e realicen unha estabilización eficiente do carbono no solo e na biomasa.

Para realizar a actividade de elaboración de tecnosolos debe cumprirse co establecido na Instrución técnica de residuos ITR/01/08, do 8 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, referente á elaboración de solos (tecnosolos) derivados de residuos.

Os lodos que poden ser tratados mediante este proceso, son:

Lodos de depuradora para a elaboración de tecnosolos

020204

lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020305

Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas.

020403

Lodos de elaboración de azúcares

020502

Lodos de industrias de produtos lácteos

020603

Lodos de industria de panadería y pastelería

020705

Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas

030311

Lodos da transformación de pasta de papel, papel e cartón

040107

Lodos da industria do coiro e a pel

040220

Lodos da industria textil

100121

Lodos de centrais eléctricas ou outras instalacións de combustión

190805

Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada

190812

Lodos procedentes do tratamento biolóxico de augas residuais industriais

190814

Lodos procedentes doutros tratamentos de augas residuais industriais, que non conteñen substancias perigosas

  • Utilización de lodos de depuradora no sector agrario: a actividade de aplicación de lodos de depuradora na agricultura está regulada polo Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia.

Unicamente poderán empregarse para uso agrario:

Lodos de depuradora para utilización na agricultura

1908051

Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada

200304

Lodos de fosas sépticas

0202042

lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020305

Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas.

020403

Lodos de elaboración de azucres

020502

Lodos de industrias de produtos lácteos

020603

Lodos de industria de panadería y pastelería

020705

Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas

Os lodos de depuradora que vaian ser utilizados para aplicación en solos agrarios sempre deberán ser sometidos previamente a un tratamento, por vía biolóxica, química ou térmica, de forma que se reduza, de maneira significativa, a súa biodegradabilidade e o seu potencial para causar molestias e danos para a Saúde e o ambiente no seu manexo e utilización no campo de forma que o que se aplica ó solo serán lodos tratados de depuradora.

Os tratamentos que se lle dean aos lodos de depuradora deberán realizarse mediante algún dos procedementos recollidos no anexo II do Decreto 125/2012, do 10 de maio (compostaxe, dixestión anaerobia, estabilización con cal, secado térmico, etc.).

Autorización para a xestión de lodos

Para poder realizar cada unha das actividades de xestión de lodos mediante os procesos anteriores a empresa deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos, para aqueles códigos LER que pretenda tratar.

A solicitude de autorización como xestor de valorización de residuos perigosos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema  aquí