O Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados, establece as medidas necesarias para previr a incidencia ambiental dos aceites industriais, así como para facilitar a súa valorización, preferentemente mediante rexeneración ou outras formas de reciclado, de acordo coa orde de prioridades establecida no artigo 7.
Os aceites industriais teñen a consideración de residuos perigosos, e a maioría deles codifícanse dentro da Lista Europea de Residuos dentro do grupo 13 (Residuos de aceites e de combustibles líquidos).
Os residuos de aceites usados recollidos no Real Decreto 679/2006, e definidos como aceites industriais que se tornasen inadecuados para o uso que se lles asignou inicialmente, pertencen aos grupos da Lista Europea de Residuos:
Residuos de aceites usados |
|
13 |
Residuos de aceites e de combustibles líquidos (excepto os aceites comestibles e os dos capítulos 05, 12 e 19) |
1301 |
Residuos de aceites hidráulicos |
1302 |
Residuos de aceites de motor, de transmisión mecánica e de lubricantes |
1303 |
Residuos de aceites de illamento e transmisión de calor |
1305 |
Restos de separadores de auga/substancias aceitosas |
1308 |
Residuos de aceites non especificados noutra categoría |
Galicia conta con dous sistemas integrados de xestión autorizados para a xestión dos aceites industriais usados recollidos na comunidade autónoma. Consulte aquí os sistemas integrados de xestión autorizados en Galicia para a recollida de aceites industriais usados.
Na actualidade existen distintos procedementos para a xestión de aceites industriais usados. A modo de exemplo móstrase un esquema con algunhas das opcións de tratamento que se poden aplicar aos aceites industriais usados.
As principais operacións de valorización para o tratamento de aceites usados aparecen definidas no Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño como:
Os produtos obtidos como resultado do tratamento dos aceites que vaian ser comercializados e utilizados como combustibles deben cumprir co O Real decreto 61/2006, do 31 de xaneiro, polo que se fixan as especificacións de gasolinas, gasóleos, fuel óleos e gases licuados do petróleo, se regula o uso de determinados biocarburantes e o contido de xofre dos combustibles para o uso marítimo, que establece as especificacións das gasolinas, gasóleos de automoción (clase A), gasóleos para uso agrícola e marítimo (clase B) e de calefacción (clase C), fuel óleos, propano, butano e gases licuados do petróleo (GLP) de automoción, así como a regulación do uso de determinados biocarburantes.
En concreto, nas instalacións de xestión de aceites deberán analizarse os parámetros recollidos no anexo IV do citado Real Decreto. O laboratorio que realice as análises deberá estar acreditado para a realización dos ensaios segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2005. A toma de mostras deberá ser realizada tamén por entidade acreditada.
As empresas autorizadas para a elaboración de combustibles a partir de aceites deben remitir trimestralmente un informe da actividade que inclúa a información recollida no arquivo cronolóxico, as analíticas efectuadas sobre os produtos obtidos e calquera outra información que se estime de relevancia.
Prema aquí se desexa consultar as instalacións autorizadas en Galicia para o tratamento de aceites industriais usados, introducindo no campo de Actividade detallada a actividade de Valorización de aceites minerais.
Para poder realizar actividades de xestión de aceites industriais usados a empresa deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos perigosos, para aqueles códigos LER que pretenda tratar.
A solicitude de autorización como xestor de valorización de residuos perigosos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí.