É necesario obter unha autorización para realizar a actividade de almacenamento de residuos
O almacenamento de residuos nunha instalación distinta do lugar de produción, previa entrega dos residuos a un xestor que realice o tratamento destes, considérase unha operación de xestión de residuos que require de autorización previa.
En función do tipo de residuos que se vaian almacenar, a instalación de almacenamento deberá cumprir cos requisitos técnicos esixidos pola normativa que lle sexa de aplicación. En todo caso, deberán establecerse as medidas necesarias para evitar calquera contaminación ao medio que se poida producir a consecuencia do almacenamento dos residuos.
Almacenamento de residuos perigosos:
O almacenamento dos residuos perigosos deberá axustarse ás seguintes condicións, sen prexuízo dos requisitos que, para determinado tipo de residuos ou operacións de xestión, veñan esixidos pola súa lexislación específica.