Concepto de valorización e operacións de valorización de residuos industriais.
En xeral denomínase valorización a todo procedemento que permita o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen poñer en perigo a saúde humana e sen utilizar métodos que poidan causar prexuízos ao ambiente. O obxectivo da valorización é que o residuo substitúa a outros materiais que se utilizarían para cumprir unha función particular, ou que o residuo se prepare para cumprir esa función na instalación ou na economía en xeral.
Ditas operacións veñen recollidas no anexo II da nova lei de residuos codificadas coa letra R (lista non exhaustiva).
Operacións de valorización |
|
R1 |
Utilización principal como combustible ou outro modo de producir enerxía |
R2 |
Recuperación ou rexeneración de disolventes |
R3 |
Reciclado ou recuperación de sustancias orgánicas que non se utilizan como disolventes (incluídos a compostaxe e outros procesos de transformación biolóxica) |
R4 |
Reciclado ou recuperación de metais e de compostos metálicos |
R5 |
Reciclado ou recuperación de outras materias inorgánicas |
R6 |
Rexeneración de ácidos ou de bases |
R7 |
Valorización de compoñentes utilizados para reducir a contaminación |
R8 |
Valorización de compoñentes procedentes de catalizadores |
R9 |
Rexeneración ou outro novo emprego de aceites |
R10 |
Tratamento dos solos que produza un beneficio á agricultura ou unha mellora ecolóxica deles |
R11 |
Utilización de residuos obtidos a partir de calquera das operacións numeradas de R 1 a R 10 |
R12 |
Intercambio de residuos para sometelos a calquera das operacións enumeradas entre R 1 e R 11 |
R13 |
Almacenamento de residuos en espera de calquera das operacións numeradas de R 1 a R 12 (excluído o almacenamento temporal, en espera de recollida, no lugar onde se produciu o residuo) |