Os residuos perigosos identifícanse na Lista Europea de Residuos mediante un asterisco (*) á dereita do código LER
Considéranse residuos perigosos aqueles que presentan unha ou mais das características definidas no anexo III da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.
As características dos residuos que permiten clasificalos como perigosos son:
H1 |
Explosivo |
H8 |
Corrosivo |
H2 |
Oxidante |
H9 |
Infeccioso |
H3-A |
Facilmente inflamable. |
H10 |
Tóxico para a reprodución |
H3-B |
Inflamable |
H11 |
Mutaxénico |
H4 |
Irritante |
H12 |
Emite gases tóxicos ou moi tóxicos ao entrar en contacto co aire, coa auga ou con un ácido. |
H5 |
Nocivo |
H13 |
Sensibilizante |
H6 |
Tóxico |
H14 |
Ecotóxico |
H7 |
Carcinóxeno |
H15 |
Susceptibles, despois da súa eliminación de dar lugar a outra sustancia que posúa algunha das características enumeradas anteriormente |
Ademais do código LER, a clasificación de residuos perigosos en España está regulada polo código definido no Anexo I do Real Decreto 833/1988, necesario para que un residuo, en calquera momento e circunstancia, estea totalmente identificado.
Este código alfanumérico está composto por 7 bloques, que se corresponden coas 7 táboas do citado real decreto e as súas modificacións. A continuación pode consultar a información recollida na codificación dos residuos e a normativa de referencia:
TABLA |
CÓDIGO |
CONTENIDO |
REFERENCIA |
1 |
Q |
Categorías de residuos |
R.D. 952/1997 |
2 |
D, R |
Operacións de tratamento: Parte A.- Operacións de eliminación (Código D) Parte B.- Operacións de reutilización, reciclaxe ou valorización do residuo (Código R) |
Lei 22/2011 |
3 |
L, P, S,G |
Tipos xenéricos de residuos perigosos, clasificados segundo a súa natureza ou a actividade que os xera. Pola súa natureza.- Líquido (L), pastoso (P), sólido (S) ou gas licuado ou comprimido (G). Pola súa tipoloxía.- Un ou varios dos códigos do 1 ao 40. |
R.D. 952/1997 |
4 |
C |
Constituíntes dos residuos que, en función das cantidades, concentración e forma de presentación, lle poden dar carácter perigoso. |
R.D. 952/1997 |
5 |
H |
Anexo III.- Características dos residuos que permiten definilos como perigosos. |
Lei 22/2011 |
6 |
A |
Actividades xeradoras de residuos |
R.D. 833/1988 |
7 |
B |
Procesos xeradores de residuos |
R.D. 833/1988 |
Os residuos perigosos son tratados en certos tipos de instalacións en moitos casos co obxectivo principal de reducir a súa perigosidade ou a toxicidade destes. En Galicia existen numerosas empresas autorizadas para realizar actividades de xestión de residuos perigosos. A continuación póñense algúns exemplos de operacións levadas a cabo para o tratamento de residuos perigosos:
Nestas instalacións o almacenamento de residuos perigosos deberá cumprir coas seguintes características, sen prexuízo dos requisitos que, para determinado tipo de residuos ou operacións de xestión veñan esixidos pola súa lexislación específica:
A reutilización de residuos é unha actividade que, se non se realiza correctamente, pode ter unha incidencia negativa no medio.
Para evitalo a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, prevé dúas medidas: por un lado considera que a actividade de preparación para a reutilización de residuos é unha operación de tratamento e obriga ás empresas que a realicen a obter unha autorización desta administración ambiental; por outro tamén obriga aos produtores destes residuos a entregalos ás empresas que poden xestionalos.
Estas esixencias son especialmente necesarias cando os residuos que se pretenden reutilizar son perigosos, como é o caso dos envases que os contiveron. A limpeza destes colectores para a súa reutilización é unha operación de preparación para a reutilización e sometida a unha autorización.
O incumprimento destas obrigas, ben por quen realiza a actividade sen autorización ou ben de quen entrega o residuo á persoa indebida, son infraccións administrativas que poden ser sancionables.
Esta Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental detectou que existen empresas que se dedican a limpar colectores de residuos perigosos e máis concretamente GRG (Gran Recipiente para mercadorías a Granel) en instalacións non autorizadas co risco ambiental que iso supón.
Esta práctica, ademais de non garantir que o residuo se xestione axeitadamente, non exime ao produtor que entrega os colectores baleiros a empresas non autorizadas da súa responsabilidade que se estende aos riscos de derramo durante o transporte e aos derivados da contaminación que a limpeza dos colectores poida ocasionar.
Para asegurarse de que a entrega do residuo se realiza correctamente a unha empresa autorizada, o produtor debe asegurarse de que o receptor do residuo está debidamente acreditado. Para iso pode consultar aquí a relación de empresas que poden retirar os envases que se converteron en residuos. A consulta permite obter en tempo real a localización das empresas autorizadas en Galicia para retirar os envases baleiros. Só ten que cubrir o campo LER co código LER 150110* e o tipo de actividade que realiza o xestor.
Para poder realizar a actividade de tratamento de residuos perigosos o titular deberá solicitar autorización como xestor de residuos perigosos, en concreto, codificando os residuos que se pretenden tratar cos correspondentes códigos da Lista Europea de Residuos e segundo a codificación establecida no Real Decreto 833/1988, do 20 de Xullo.
A solicitude de autorización como xestor de residuos perigosos debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005,do 9 de xuño,polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia e na Lei 22/2011,do 28 de xuño,de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí .