Os posuidores de PCB deben facer unha declaración anual

Os posuidores de PCB deben presentar unha declaración anual ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes do 1 de marzo do ano 2007.

Os posuidores de PCB deben presentar  unha declaración anual  ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes do 1 de marzo do ano 2007, co seguinte contido mínimo:

  • a posesión de aparellos sometidos a inventario

  • a previsión anual para a súa descontaminación ou eliminación

  • a identificación dos aparellos xa descontaminados ou eliminados

A declaración anual debe ir acompañada da seguinte documentación:

  1. Documentos de Control e Seguimento dos aparellos entregados a xestor autorizado.
  2. Certificados de Eliminación ou Destrución dos aparellos que foron "totalmente eliminados"
  3. Certificados de Descontaminación dos aparellos que foron descontaminados, así como as Actas ou Certificados de tomas de mostras e os Boletíns ou Informes de resultados das análises químicas nos que se acredite que a concentración en PCB se mantivo por debaixo dos 50ppm no ano seguinte a ditas operacións de descontaminación.
  4. Certificados de Redución de PCB dos transformadores que foron sometidos a operacións de redución da concentración de PCB a valores entre 50 e 500 ppm, así como Actas ou Certificados de tomas de mostras e os Boletíns ou Informes de resultados das análises químicas nos que se acredite que a concentración en PCB se mantivo por entre 50 e 500 ppm no ano seguinte a ditas operacións de redución.
  5. Actas ou Certificados de toma de mostras e os Boletíns ou Informes de resultados das análises químicas dos aparellos previamente inventariados como "aparellos que poden conter PCB" e que o posuidor os dá de baixa no inventario porque os resultados das ditas análises dan valores permanentes de concentración de PCB inferiores a 50 ppm.