Definición formal de vertedoiro
Por vertedoiro o REAL DECRETO 1481/2001, de 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro entende unha instalación para a eliminación de residuos perante o seu depósito subterráneo ou o seu depósito en superficie, por períodos de tempo superiores a un ano cando o seu destino sexa a eliminación ou por períodos de tempo superiores a dous anos cando o seu destino final sexa a súa valorización.
Co fin de controlar e regular a construción e xestión destas instalacións en Galicia naceu a Orde do 20 de xullo do 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.