Nesta páxina explicase como deben facer os posuidores de PCB para comprobar o contido de PCB.
Os posuidores de aparellos contaminados por PCB, ou que poidan conter PCB, deben establecer as medidas necesarias para comprobar e acreditar o contido de PCB nos dieléctricos, aceites ou outros fluídos, mediante mostraxes e as subseguintes análises químicas.
Estas análises realizaranse cando sexa preceptivo, porque así o dispoñen as autoridades competentes ou sexan necesarias para a súa identificación ou catalogación.
A toma de mostras deberá ser realizada e certificada por organismos de control autorizados ou entidades colaboradoras da Administración Ambiental, excepto cando:
As análises químicas deberán ser realizados e certificados por laboratorios acreditados para a determinación de PCB. Como método analítico utilizarase a norma UNE-EN 61619 para determinar os PCB nos líquidos illantes, e as normas UNE-EN 12766-1 e UNE-EN 12766-2 para determinar os PCB nos produtos petrolíferos e nos aceites usados.
Os posuidores de aparellos que poidan conter PCB deben sometelos a análises químicas nos anos e porcentaxes mínimos que se indican:
Ano | Porcentajes mínimos (1) (2) |
---|---|
2006 | 33 % |
2007 | 50 % |
2008 | 100 % |
1) Referidas á cantidade total en peso (sólido máis líquido) dos mesmos que posúan a o comezo de cada ano.
(2) Os posuidores cun número de aparellos inferior a catro poderán analizar un aparello por ano, sempre que o último se analice antes do ano 2009.
Inmediatamente, deberá entregado a un xestor autorizado, dándoo de alta