Os posuidores de PCB deben etiquetar e marcar todos os aparellos sometidos a inventario, indicando como mínimo os seguintes datos:
- Data de marcado
- Aparello: número de identificación asignado e modelo de serie
- Tipo de aparello (transformador, condensador, recipiente, arrancador, etc.)
- Data de fabricación do aparello
- Volume do fluído/PCB (dm·)
- Concentración de PCB (ppm)
- Grupo (fabricado con PCB, contaminado por PCB, ou aparello que pode conter PCB)
- Peso total do aparello (Kg)
Os posuidores de aparellos cun volume de PCB superior a 5dm3 deben etiquetalos facendo constar esta circunstancia. Tamén debe poñerse unha etiqueta nas portas dos locais onde estean os aparellos.
Os posuidores de aparellos que foran descontaminados deben marcalos segundo o modelo que aparece a continuación:
Aparello descontaminado
O fluído que contiña PCB cambiouse:
- Por .......................................................(nome do substituto)
- O ....../....../...........................................(data)
- Por .......................................................(empresa)
Concentración de PCB:
- Do fluído anterior ...................................(porcentaxe en peso)
- Do novo fluído........................................(porcentaxe en peso)