Os posuidores de PCB deben presentar unha declaración anual ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes do 1 de marzo do ano 2007, co seguinte contido mínimo:
-
a posesión de aparellos sometidos a inventario
-
a previsión anual para a súa descontaminación ou eliminación
-
a identificación dos aparellos xa descontaminados ou eliminados
A declaración anual debe ir acompañada da seguinte documentación:
- Documentos de Control e Seguimento dos aparellos entregados a xestor autorizado.
- Certificados de Eliminación ou Destrución dos aparellos que foron "totalmente eliminados"
- Certificados de Descontaminación dos aparellos que foron descontaminados, así como as Actas ou Certificados de tomas de mostras e os Boletíns ou Informes de resultados das análises químicas nos que se acredite que a concentración en PCB se mantivo por debaixo dos 50ppm no ano seguinte a ditas operacións de descontaminación.
- Certificados de Redución de PCB dos transformadores que foron sometidos a operacións de redución da concentración de PCB a valores entre 50 e 500 ppm, así como Actas ou Certificados de tomas de mostras e os Boletíns ou Informes de resultados das análises químicas nos que se acredite que a concentración en PCB se mantivo por entre 50 e 500 ppm no ano seguinte a ditas operacións de redución.
- Actas ou Certificados de toma de mostras e os Boletíns ou Informes de resultados das análises químicas dos aparellos previamente inventariados como "aparellos que poden conter PCB" e que o posuidor os dá de baixa no inventario porque os resultados das ditas análises dan valores permanentes de concentración de PCB inferiores a 50 ppm.