Solicitude de alta en GaIA - Residuos

Se vostede é usuario administrador da Plataforma GaIA, pode solicitar a conta da súa empresa e dar de alta novos usuarios para que poidan acceder e empregar GaIA.

A Plataforma GaIA permite que sexa a propia empresa a que teña a capacidade de xestionar os seus propios usuarios á par que permitirá un control de acceso mediante certificado electrónico ou usuario e contrasinal persoal para cada usuario.

Para poder traballar axeitadamente coa plataforma GaIA a empresa debe ter activa unha conta de empresa e dar de alta, como mínimo, un usuario con permiso de asinante.

Se a súa empresa ten inscricións no Rexistro de produción e xestión de residuos como xestor ou produtor de residuos, o representante legal da empresa poderá solicitar a alta na nova plataforma. Automaticamente xerarase a nome deste representante un usuario asociado a esa conta que será a partir dese momento o administrador da mesma e será o único que poderá crear novos usuarios e dar de baixa os existentes.

ALTA DUNHA CONTA DE EMPRESA. Requisitos previos:

1. Ter instalado un certificado electrónico válido para autenticarse perante o sistema.

Poderá dispor dalgún dos seguintes certificados electrónicos de usuario correctamente instalado no seu ordenador. Pinche nos enlaces para atopar máis información ó respecto.

Despois da súa instalación pode utilizar a seguinte ferramenta para validar que ditos certificados funcionan correctamente:  https://valide.redsara.es/valide/

2. O certificado debe estar a nome dun representante legal da empresa ou a nome da empresa en si (pero sempre vencellado a unha persoa física que sexa representante legal).

Nota: En caso de que o representante legal non figure no Rexistro de Produción e Xestión de residuos, debe acreditalo documentalmente. Para iso debe dirixirse ao órgano perante o cal tramitou a súa inscrición e/ou autorización previamente á solicitude de alta da conta. Atope o órgano ao cal debe dirixirse aquí.

Solicitude:

Prema na ligazón "Activar" que hai na parte baixa da páxina de inicio da Plataforma GaIA, na que aparece o texto: "Se non posúe ningún destes medios de acceso o representante legal da súa entidade pode activar a conta co seu certificado electrónico aquí". O sistema amosará un formulario de solicitude de alta, que debe ser cuberto e asinado.