Rexistro e Control daquelas instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmósfera, actividades definidas no Real Decreto 100/2011
eCAPCA é unha ferramenta que permite o control e rexistro daquelas empresas con actividades potencialmente contaminadoras da atmósfera.
Considéranse Actividades Potencialmente Contaminadoras da Atmosfera (APCA en diante), segundo a Lei 34/2007, "Aquelas que pola súa propia natureza, localización ou polos procesos tecnolóxicos utilizados constitúan unha fonte de contaminación cuxas características poden requirir que sexan sometidas a un réxime de control e seguimento máis estrito".
O Real Decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e establécense as disposicións básicas para a súa aplicación define o novo Catálogo de Actividades Potencialmente Contaminadoras da Atmosfera (CAPCA en diante) no seu Anexo único, e, considera APCAs, as incluídas no mesmo.
O obxectivo de CAPCA é a creación dun novo rexistro para o control das emisións nas instalacións afectadas polo catálogo de actividades potencialmente contaminantes da atmosfera ( CAPCA)
eCAPCA é unha ferramenta que permite o control e rexistro daquelas empresas con actividades potencialmente contaminadoras da atmósfera.