As instalacións asignadas a un dos grupos (A, B, C) definidos na Lei 34/2007
Este servizo substitúe o Libro de Rexistro de Medicións de Emisións Contaminantes á Atmosfera. Tamén regula o proceso de notificación sinalado na Lei 34/2007.
As actividades consideradas existentes segundo a dita lei e con obrigas de autorización deberán estar rexistradas no REGADE-CAPCA, remitir a información necesaria para completar o seu rexistro e alcanzar o estado ACTIVO
As medidas de emisións relativas aos controis periódicos deben ser introducidas nesta aplicación, para isto deberá poñerse en contacto co Organismo de Control Autorizado que lle faga as medicións, para que lle asesore no procedemento.
Quedan excluídas do proceso de realización de medidas periódicas, as actividades que non se atopen no Anexo CAPCA-2010 do RD 100/2011, e aquelas sen grupo asignado e que, segundo o criterio do órgano competente da Xunta, non se lle engada dita esixencia.
A maiores quedan excluídas da realización de controis periódicos os seguintes focos:
Onde se cita a potencia máxima para a exclusión faise referencia á potencia térmica nominal máxima da instalación de combustión.
Esta exclusión na realización das medidas está relacionada co rexime xurídico da Lei 34/2007 e o Real decreto 100/2011, sen prexuízo de que outras normas de carácter ambiental ou industrial obriguen ao control das emisións.
As instalacións asignadas a un dos grupos (A, B, C) definidos na Lei 34/2007, e que desenvolvan APCA deberán rexistrarse no módulo de GaIA eCAPCA para o seu rexistro e control.