GaIA eResiduos

GaIA eResiduos axiliza a tramitación dos traslados de residuos e mellora a calidade e o control da información en materia de residuos. Descúbrao!

Que é?

GaIA eResiduos é unha aplicación desenvolvida dentro da Plataforma GaIA co obxetivo de centralizar a información ambiental en materia de residuos das empresas, e servir de axuda para xestionar esta información e para cumprir coas obrigas nesta materia segundo a normativa vixente.

Para qué sirve?

Nesta aplicación web poderá realizar, entre outras, as seguintes accións (algunhas accións iranse engadindo ao sistema en fases posteriores):

  • Rexistrar notificacións previas e traslados de residuos (DCS, TNP, Transfronteirizos).
  • Realizar a notificación previa e os traslados de residuos perigosos de forma telemática axilizando prazos e reducindo o uso do papel.
  • Confirmar os traslados rexistrados mediante sinatura electrónica como recolle a normativa en vigor.
  • Levar o arquivo cronolóxico indicado no artigo 40 da Lei de residuos.
  • Xerar de xeito automático a memoria resumo para as actividades de xestión de residuos e presentala de forma telemática.
  • Levar un rexistro de entradas e saídas de produtos e subprodutos.
  • Xestionar de forma telemática outra información en materia de residuos: estudo de minimización, declaración anual de envases, etc.

Vostede poderá crear e xestionar na plataforma os seguintes datos mestres, que constituirán a súa propia base de datos en materia de produción e xestión de residuos, e que empregará posteriormente para os trámites antes sinalados:

  1. Contactos: centros das empresas de orixe, de destino e de transporte coas que a empresa traballa de xeito habitual.
  2. Residuos: residuos que a empresa xera ou xestiona habitualmente.
  3. Produtos e servizos: produtos e servizos xerados pola empresa como resultado da súa actividade.
  4. Subprodutos: residuos xerados ou utilizados como subprodutos.

Non será necesario incorporar esta información inicial se vostede traballa co E3L, debido a que esta xa está incorporada no arquivos XML.

Vantaxes

A nova Plataforma GaIA, substituirá ao SIRGa para usuarios rexistrados. Estas son as vantaxes da nova plataforma con respecto ao SIRGa.

  • Sistema e interface más moderna – acorde coas tecnoloxías actuais.
  • Xestión persoal de claves de usuarios e contrasinais. Certificados electrónicos (DNI-e, FMNT).
  • Inclúe un sistema áxil de alta de contactos -  buscador por NIF.
  • Existe unha única a forma de crear NT e DCS – más intuitiva e usable.
  • Incorpora un módulo de creación de traslados nos perigosos (TNP) e de emisión de documentos tipo.
  • Poderá obter informes e certificados oficiais. Autoservicio.
  • Permitirá a futuro xeración automática da memoria resumo (art. 41 lei 22/2011).
  • Permitirá proximamente a presentación de estudos de minimización de residuos e seguimento.

Quen ten obriga de utilizar esta aplicación?

En función das actividades realizadas pola súa empresa, terá vostede a obriga ou non de utilizar a plataforma GaIA eResiduos.

O Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos obriga, nos seus artigos 12 e 13, a utilizar as aplicacións telemáticas habilitas, con sinatura electrónica recoñecida a:

  • Produtores de residuos perigosos que xeren máis de 10 t/ano.
  • Produtores de residuos non perigosos que xeren máis de 1.000 t/ano.
  • Xestores de residuos perigosos.
  • Xestores de residuos non perigosos que realicen a actividade de eliminación en vertedoiro.

Se a súa empresa non está obrigada a a utilizar GaIA eResiduos pode utilizalo de xeito voluntario como unha ferramenta útil e eficaz para o control da rastrexabilidade dos residuos da súa instalación.