¿Quere simplificar o intercambio de información en materia de residuos? Conecte o seu sistema de información a GaIA eResiduos
GaIA terá como una das súas principais novidades o uso de Web Services (baseados no estándar E3S) para favorecer a tramitación electrónica E3L. As empresas que o desexen poderán integrar os seus sistemas de información internos co sistema GaIA eResiduos de xeito automatizado. Trátase dunha opción moi recomendable cando a empresa ten un volume importante de documentación a presentar relativa a traslados.
Os web services E3S permiten presentar:
Debe ter en conta que, aínda que presente os documentos por esta vía, terá que aceptar os traslados rexistrados mediante sinatura electrónica a través da aplicación web tal e como se recolle na normativa en vigor.
Para conectarse á plataforma GaIA mediante o uso de Web Services o usuario administrador da conta da empresa deberá dirixirse ó apartado de creación de novos usuarios dentro da plataforma, e pinchar no apartado “Acceso aos servizos web”. Dispón de información adicional de configuración no manual do usuario Apéndice III. Requisitos de integración servizos Web.