Real Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972, de 22 de protección do ambiente atmosférico.
- Real Decreto que desenvolve a Lei 38/1972 hoxe derrogada, neste marco lexislativos xa se recollía os conceptos de: autorización, notificación, controis da contaminación, valores límite, medios de difusión, monitoraxe e control por organismos internos e externos, información e inventarios de emisións. Así como a actual agrupación de empresas en grupos (A, B, C).
Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.
- Ten por obxecto establecer as bases en materia de prevención, vixilancia e redución da contaminación atmosférica co fin de evitar e cando isto non sexa posible, minorar os danos que desta poidan derivarse para as persoas, o medio ambiente e demais bens de calquera natureza.
Real Decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e establécense as disposicións básicas para a súa aplicación.
- Ten por obxecto a actualización do catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera contido no anexo IV da Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, así como establecer determinadas disposicións básicas para a súa aplicación e uns mínimos criterios comúns en relación coas medidas para o control das emisións que poidan adoptar as comunidades autónomas para as actividades incluídas no devandito catálogo.
Instrucións técnicas. Teñen por obxecto establecer as condicións e requisitos para a normalización de todos cantos procedementos realízanse na análise dun foco de emisión atmosférico en Galicia. A día de hoxe, atópanse dispoñibles as seguintes instrucións (versión en castelán):